Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual. E a Xunta fai un fiscal-xeral-do-estado ao revelar presuntamente a identidade da denunciante. E o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, líase na explicación dunha circular aos institutos sobre como manter a neutralidade ideolóxica en asuntos como Gaza ou Ucraína, poñendo como exemplo as patacas. Da o mesmo acompañar usar como gornición as fritidas como as cocidas (aínda que un nutricionista ou un cardiólogo non opinarían o mesmo) que estar a favor de Israel ou da poboación masacrada de Gaza, ou –o exemplo é tamén do conselleiro– poñer nas aulas as bandeiras de Ucraína ou de Rusia (solución: non se debe poñer ningunha).
Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Vázquez Hermida e Xosé Manuel Pereiro aseguran que farán o esforzo de aprenderse os nomes de todos os membros do Consello da Xunta, dada a importancia política de todos eles, que ata o momento descoñecían.