Correntes do Atlántico: Itacaré, as dúas vidas de Laureano Graña

No Nadal de 1952, Laureano Graña marchou de Marín para sempre. Deixou atrás unha familia, sen deixar rastro, e acabou en Itacaré, un pobo perdido na costa de Brasil. Alí comezou unha nova vida con 50 anos. Aló intentou afastarse, sen éxito, das súas pantasmas particulares. Durante anos, o Atlántico creou diferentes persoas para un mesmo nome. Que historia é a que nos conta o relato das diferentes faces de Laureano Graña?

Así continúa «Correntes do Atlántico», a viaxe sonora na busca dos nosos contos migrantes, que tomaron en América as formas máis diferentes. Os relatos daquelas que volveron a Galicia cas súas maletas cheas: de novas formas de comer, de bailar, de falar e de vivir. Os dos que nunca regresaron, e pasaron a formar parte da cultura do novo continente. E as de todos aquelas galegas e galegos que atopamos no camiño con algo que contar.

Un podcast documental de Dona Lola Producións para Revista Luzes, co apoio da Deputación de Pontevedra e Punto Gal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail