A morte dun paciente agardando unha ambulancia pon o foco sobre as carencias da sanidade pública galega

A noite do luns faleceu un home de 74 anos en Pontevedra mentres que agardaba por unha ambulancia. Como no seu centro non había ningunha, emerxencias mobilizou a unha dispoñible a 40 quilómetros. O equipo médico chegou 36 minutos máis tarde da chamada.

A noite do pasado luns faleceu un home de 74 anos no centro de saúde de Lalín (Pontevedra) por unha complicación cardiorrespiratoria tras esperar na súa casa 36 minutos por unha ambulancia. Ás nove da noite Urxencias Sanitarias recibiu a chamada, mais ao non contar con vehículos dispoñibles, tivo que mobilizar a un equipo dende Chantada (Lugo), a 40 quilómetros.

O Sergas asegurou que o paciente foi atendido por un equipo completo de médicos e persoal de enfermería no Punto de Atención Continuada (PAC) de Lalín, que contou a noite do luns cunha «dotación completa» de persoal, integrada por dous médicos, dous enfermeiros e un traballador de servizos xenerais. A polémica salpica o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a un mes das eleccións autonómicas, e súmase a outros casos parecidos ocorridos na sanidade galega.

[Puedes seguir leyendo este artículo en castellano aquí]

Un deles sucedeu fai un mes no hospital de Santiago, cando faleceu un paciente de 84 años esperando nos corredores de urxencias. A organización sindical Médicos de Galicia Independentes (O’mega), denunciou no seu momento que o falecido estivo esperando máis dunha hora, algo que non consideraron “excesivo” pero si o sitio onde estaba estacionado, «fóra do control directo do persoal sanitario».

En 2019 a asociación sanitaria denunciou tamén a morte de dous pacientes nas urxencias do CHUS de Santiago, pero a xustiza ditou que non haberían responsabilidades para o Sergas. O pasado outubro un home tivo que esperar 46 minutos a que chegase a ambulancia, a mesma que confirmaría o seu falecemento ao chegar. En 2018, un paciente morreu mentres que esperaba no PAC de A Estrada. A maiores, O’mega denunciou tamén o colapso en urxencias e a espera de pacientes graves.

María Luisa Lores, integrante de SOS Sanidade Pública, a plataforma que encabezou a manifestación multitudinaria pola sanidade galega que o Partido Popular(PP) considerou como unha «campaña de desprestixio» contra o Sergas, explicou que as ambulancias dos centros de saúde e hospitais están externalizadas. É dicir, son un servizo non dependente do Sergas, de maneira que «hai moita menos implicación» ao non ser empregados directos.

67 millóns de euros en ambulancias

As ambulancias forman parte da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, anunciou en outubro de 2019 o aumento da dotación orzamentaria para esta organización que supera os 67 millóns para 2020, «cun aumento próximo ao 30% respecto das transferencias dos presupostos do Sergas o ano pasado».

Actualmente, o 061 dispón do «maior número de ambulancias da súa historia», segundo Sanidade. Na súa totalidade, 107 vehículos de soporte vital básico, 16 asistenciais de soporte vital avanzado y 2 ambulancias convencionais. Os presupostos para Sanidade «son os máis elevados da historia» que supoñen o 40,5% do orzamento total da Xunta, 4.109,6 millóns, 121,7 millóns máis que en 2019.

A integrante de SOS Sanidade Pública sostén que, ante esta cantidade de diñeiro, «os beneficios están más descontrolados e non son eficientes». Insiste en que «se o servizo falla, hai que tomar medidas urxentes» e engade que «os millóns que invertemos están para iso». Ademais, a secretaria da Conferencia Intersindical Galega (CIG), María Abuín, agrega que todo este diñeiro explícase coas cantidades que a Xunta destina ás privatizacións, como o hospital de Vigo, que computa no presuposto.

Listas de espera «con trampas»

SOS Sanidade Pública conta a Luzes que «o Sergas tería que revisar todo o sistema» para ter todo «disposto» e procurar así que o servizo atenda á poboación «o antes posible». O mesmo ocorre coas listas de espera dos hospitais e centros de saúde. María Abuín, afirma que as listas de espera que aporta o Sergas teñen «trampas» posto que, á hora de laurear o servizo galego de saúde e as súas cortas listas de espera, a Xunta só conta ás persoas que teñen xa fecha fixa de atención.

Desta maneira, as persoas que aínda non foron chamadas para adxudicarlles unha data e seguen á espera, non forman parta das listas que o Sergas saca á luz, non se contabilizan. Miguel Tellado, parlamentario do PP, explicou tras a mobilización masiva do 9 de febreiro da sanidade pública galega que «en Galicia temos máis profesionais que nunca, menos listas de espera que nunca» e que «hai máis infraestruturas e máis renovadas que nunca».

Abuín relata que o principal problema do Sergas é o de «xestión». Para ela, «non hai recursos necesarios aínda con este gran orzamento” e postula que «hai que atender á dispersión xeográfica» propia de Galicia, ás comunicacións e a proximidade. Ademais, insiste en que o Executivo autonómico debería ter en conta «o medio rural» e activar un «plan de continxencia» para épocas de gripe, xa que a poboación galega está envellecida e sofre «pluripatoloxías». Abuín conclúe: «entendemos que o PPdeG en vez de levar a cabo este plan, ve como asumido que a súa mala xestión vai a ser o titular de prensa de todos os anos».


Este artículo publicouse en orixe en castelán en Público como parte dun acordo de colaboración con este periódico. Aquí podes atopar máis artigos de Público en Luzes
cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail