Corenta organizacións, entre elas os principais sindicatos e os partidos políticos da oposición, únense á convocatoria en favor da liberdade de expresión, contra a vulneración de dereitos e a persecución de profesionais críticos.
A Coruña O comité intercentros da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) convocou unha manifestación contra a manipulación informativa da Xunta e o Partido Popular que se celebrará o próximo 6 de novembro en Santiago.
Segundo informa o comité nun comunicado enviado este martes pola mañá, á convocatoria sumáronse preto de corenta organizacións civís, partidos políticos e sindicatos.
A marcha desenvolverase baixo o lema «Por unha CRTVG ao servizo do pobo». Os organizadores ofrecerán unha rolda de prensa este mércores para explicar os motivos da convocatoria.
Os traballadores da CRTVG levan anos denunciando a manipulación informativa dos medios públicos de Galicia, así como a vulneración de dereitos laborais e a persecución que sofren os traballadores que a cuestionan.
Entre os colectivos que se sumaron á convocatoria figuran Defende a Galega, a plataforma de traballadores da televisión e a radio públicas que desde fai catro anos e medio convoca á súa vez os «Venres en negros».
Tamén se uniron á marcha desde asociacións feministas a organizacións medioambientalistas, pasando polas plataformas de defensa da sanidade pública e da lingua galega, do dereitos LGTBI+, así como asociacións de escritores, músicos e profesionais das artes e a dobraxe.
Entre os sindicatos e partidos políticos que apoian a convocatoria figuran o o BNG, o PSdeG, Anova-Irmandande Nacionalista, a CIG, CCOO, UXT, CNT e CUT.