O Sergas obriga a un home con discapacidade a sumar máis de 1.400 kilómetros en desprazamentos para curarse un tendón

El Servizo Galego de Saúde deriva a un hospital privado de Vigo a un vecino de Sarria, en Lugo, a 180 kilómetros

A Coruña.- O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten obrigado a un home de 39 anos cunha discapacidade do 34% a facer catro desprazamentos que suman máis de 1.400 quilómetros para poder operarse da rotura dun tendón nunha man.

O paciente, que pediu a Luzes-Público reservar o seu nome no anonimato, vive en Sarria, en Lugo, a media hora da capital provincial. A administración sanitaria galega asignoulle para que o atendan e o operen nun hospital privado de Vigo, a 176 quilómetros do seu domicilio e a 188 quilómetros de Lugo.

Alí está a clínica Povisa, un centro privado propiedade da empresa Ribera Salud co que a Xunta leva lustros contratando a asistencia para preto de 130.000 pacientes da área sanitaria de Vigo e a súa área de influencia, a máis grande de Galicia. A empresa cobra por iso cada ano ao redor de 90 millóns de euros.

O paciente sufriu unha lesión nun dedo ao poñerse o calzado – pacede unha hernia na columna e ten dúas próteses na cadeira-. Primeiro o atenderon no servizo de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, onde lle dixeron que se trataba probablemente da rotura dun tendón. O vendaron e o cominaron a pedir cita para o especialista. Nove días despois, atendeuno o responsable do servizo de Lugo, que asinou unha proposta de canalización de pacientes para derivalo á «unidade de man de Povisa».

O paciente presentou unha reclamación o 3 de xaneiro porque seguía sen cita. Cando lle chamaron para darlla, déronlle a dirección do hospital privado. A el non lle soaba o nome da rúa en Lugo. «Non, é que a dirección é en Vigo», lle advertiron.

Grazas a que un familiar puido levalo en coche -el non podía conducir coa férula de ferro que lle puxeron na man, que ademais era para lesións de pulso, non para o tendón nun dedo-, fixo unha primeira viaxe -360 quilómetros- para que un cirurxián examinase a súa doenza e ordenase que lle fixesen unha ecografía e unha resonancia. Esta si, en Lugo, pero non no hospital público, senón na clínica Polusa, propiedade tamén de Ribera Salud.

O afectado tivo volver a Povisa nunha segunda viaxe doutros 360 quilómetros ida e volta para que o cirurxián examinase esas probas e lle recomendase unha solución: operarse. Por iso terá que acudir de novo a Vigo para a consulta co anestesista, e de novo para a intervención cirúrxica.

En total, 1.440 quilómetros. E serán máis cando o cirurxián volva citalo para a revisión postoperatoria obrigatoria.

O home afirma que tivo que gastarse ata o momento 150 euros nos desprazamentos que tivo que realizar. Cos tres que o esperan aínda, serán polo menos 450 euros. Vive cos seus pais dunha pensión de 680 euros.

Luzes-Público preguntou ao Sergas polos motivos que levaron ao sistema galego de saúde a derivar ao paciente de Lugo a Sarria, pero ao peche deste artigo non obtivera resposta.

Sindicatos, oposición e asociacións de profesionais, usuarios e defensores da sanidade pública levan anos denunciando as privatizacións o desmantelamento e depauperación que sufriu baixo os gobernos de Alberto Núñez Feijóo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail