S01E03 – O Misterio do Mary Celeste

Nesta semana, Malva e Duarte falan do misterio do Mary Celeste, fraude a aseguradoras, o infravalorados que están os calamares e o sexis que son as mulleres piratas. Unídevos esta semana mentres dúas persoas que non saben nada sobre o mar discuten o misterio dun barco claramente maldito. Hai sorprendentemente menos mencións de Atlantis do que cabería agardar e pouquísimas a Pirámides! Non o teñades moi en conta, porque igual é debido á aparición de grandes cantidades de alcohol industrial.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail