O sector pesqueiro únese fronte á Comisión Europea polo peche dos caladoiros

A Coruña.- A decisión da Comisión Europea de pechar a pesca en 87 caladoiros do Atlántico nordés para protexer os seus ecosistemas deixou tremendo e estupefacto a un sector do que viven miles de familias.

A medida afecta a máis de medio centenar de buques que dan emprego a máis de 4.000 persons, a maioría delas nas comunidades pesqueiras do norte do Estado, especialmente en Galicia, onde se fraguou un inusual consenso político e social en torno ao rexeitamento do que se considera unha resolución inxusta e desproporcionada.

O pasado 15 de setembro, a Comisión anunciou que a partir do próximo 9 de outubro prohibía a pesca por baixo dos 400 metros -en 2016 xa a prohibiu definitivamente por baixo dos 800 metros- en «87 zonas sensibles» que comprenden unha superficie total de máis de 16.000 quilómetros cadrados. É dicir, máis da que sumarían conxuntamente os territorios das comunidades autonómas de Euskadi e Madrid.

Nesas zonas, a frota española captura especies como pescada, rape, ollomol e lagostino, entre outras, con artes de fondo como, segundo Bruxelas, redes de arrastre e ennalle, palangres (sedelas con anzois), nasas e almadrabas.

O Executivo comunitario di basearse no «asesoramento» do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES, nas súas siglas en inglés), que alertaría do risco ecolóxico desas artes para os ecosistemas de corais e esponxas.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha imaxe de arquivo / Foto: Xunta

«Estes peches ofrecen unha maior protección para axudar a restaurar os ecosistemas mariños vulnerables, como os arrecifes de coral de augas frías, os montes mariños e os currais mariños en augas profundas», asegura o comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, o lituano Virginijus Sinkevicius.

Fronte a esa tese, os afectados aseguran que non existe informe ningún que fundamente ese suposto dano ecolóxico, que hai artes como o palangre que non teñen afección algunha sobre os fondos deses caladoiros e que, ademais, a decisión tomouse sen ter en conta o enorme impacto socioeconómico que ten a medida.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, explicou entre bágoas a semana pasada no Parlamento de Galicia que o peche desas zonas de pesca tería un impacto negativo de 816 millóns de euros e que podería chegar a afectar «a 200 barcos de capital galego e a outros 900 de maneira indirecta, a máis de 4.400 tripulantes, ao redor dell 40% do total na comunidade».

Quintana, que leva sendo conselleira de Pesca e do Mar desde o 2009, non puido evitar emocionarse ao lembrar que as consecuencias o impacto se exrtende «ás vendas en lonxa, nos salarios das tripulacións e na prestación de bens e servizos, entre outros aspectos». A responsable de Pesca do Goberno de Alfonso Rueda subliñou ademas que nas áreas agora coutadas «viña pescando desde hai décadas, mesmo séculos, sen que esa actividade afectase os hábitats».

A Xunt adelantou o seu apoio ao recurso no Tribunal de Xustiza da UE que anunciou o Goberno español despois de que a Comisión Europea rexeitase a solicitude de España de suspender temporalmente a veda nos 878 caladoiros.

O ministro de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, durante unha reunión do Consello de Ministros de Pesca da UE / Foto: Ministerio Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

O Ministro de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Luis Planas, mostrou o seu rexeitamento á posición comunitaria e afirmou que, aínda que España está a favor da protección dos ecosistemas vulnerables, o regulamento contén «graves erros que fan que sexa claramente nocivo para os intereses pesqueiros da frota española». Erros tanto nas formas como no fondo.

Con respecto ás primeiras, Planas considera que a consulta efectuada por Bruxelas co sector e os países afectados foi «insuficiente», e con respecto ao fondo que a prohibición vai moito máis alá do informe do ICES e que afecta a artes de pesca que nin sequera foran considerados nel.

Pola súa banda, a eurodeputada do BNG Ana Miranda, denunciou na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo as «graves e inadmisibles consecuencias» do veto á pesca de fondo, mostrouse «escandalizada» e alertou de que a medida fora adoptada «sen un criterio científico actualizado» e sen ter en conta o seu impacto socioecómico.

Ademais, Miranda anunciou que trasladara a súa denuncia á Defensora do Pobo Europea e pediu a dimisión do comisario de Pesca, a quen acusou de prevaricación por adoptar a decisión sen o obrigatorio estudo de impacto económico. Na Coruña, un dos portos máis afectados, distintas instancias, entre eles a alcaldesa socialista da cidade, Inés Rey, o presidente da Autoridade Portuaria, do PP,o delegado do Goberno en Galicia e portavoces de empresas e traballadores, que anunciaron que traballan conxuntamente a nivel local, provincial, autonómico e estatal para presentar un recurso diante da xustiza europea.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail