Luzes colabora coa sexta edición de La Uni Climática

Luzes volve colaborar con La Uni Climática, un espazo formativo que pon en marcha Climática e que nesta sexta edición está centrado en buscar solucións para reducir a crise climática e a perda de biodiversidade. Así, conscientes da ecoansiedade, a frustración ou a desesperanza que pode xerar falar sobre a crise climática, esta formación achegará claves e solucións reais para facerlle fronte.

Baixo o título De lo cotidiano a lo sistémico: soluciones para un mundo mejor, o programa deste ano trae a novidade de que os módulos se distribuirán durante todo o ano. D 16 ao 18 de xullo haberá unha parte intensiva e a partir de outubro realizaranse ponencias con carácter mensual. O que non muda é a participación de máis de 20 especialistas de primeiro nivel recoñecidos nacional e internacionalmente. Algúns dos nomes confirmados que estarán presentes nas sesións de xullo serán Jonathan Foley, científico e director executivo de Project Drawdown (encargado de dar unha masterclass inaugural); Xan López, autor de El fin de la paciencia. Un ensayo sobre política
climática; Mindy Hernández, directora do Living Lab for Equitable Climate Action do Instituto de Recursos Mundiales; José Luis Fernández Casadevante ‘Kois’, sociólogo e experto internacional en soberanía alimentaria; Lili Fuhr, directora do Programa de
Economía Fósil del Centro de Derecho Ambiental Internacional (CIEL); Robert Fletcher, profesor de Ecoloxía Política no grupo de Sociología do Desenvolvemento e o Cambio da Universidade de Wageningen (Países Baixos); Nuria Albert-Torres, física, doutorada en
Bionanotecnoloxía e presidenta da comunidade enerxética Energía Bonita; Xavier Cugat, experto en renovables e almacenamiento; e Laura Casielles, poeta, xornalista e investigadora.

Logo do verán, súmanse a estes nomes os de Joan Sabaté, profesor de Nutrición e Epidemioloxía na Escuela de Salud Pública da
Universidade de Loma Linda; Jessica Fanzo, profesora de Clima e Alimentación e directora da Iniciativa ‘Food for Humanity’ na Columbia Climate School; Aitor Sánchez (MiDietaCojea), dietista-nutricionista, tecnólogo alimentario e divulgador; Francisca Puertas
Maroto, doutora en Ciencias Químicas pola Universidad Autónoma de Madrid; e Mercedes Vidal, bióloga e política, entre outras moitas expertas que se darán a coñecer proximamente.

Se tes unha subscrición á Revista Luzes, terás acceso a un 50% de desconto na VI edición da Uni Climática. Podes inscribirte con desconto a través deste enlace, utilizando, ao facer a compra, o código de cupón que atoparás no teu correo electrónico (non esquezas revisar a carpeta de spam!).

Nesta edición, a maiores, as 200 primeiras persoas inscritas conseguirán unha subscrición gratuíta por dous meses a Filmin, plataforma na que están dispoñibles algunha das series e películas sobre as que se debaterán en sesións online en directo.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail