Diante das noticias que afirman que o Goberno está a estudar medidas para apoiar os medios de comunicación tralas peticións de varias asociacións de editores e xornalistas, as publicacións de prensa independente, que nos sostemos grazas ás achegas das e dos lectores, queremos transmitir a nosa inquedanza porque esas axudas contribúan a fortalecer aínda máis a concentración no sector da Comunicación, que segundo todos os estudos internacionais, é o principal problema –xunto á falta de credibilidade– do sistema mediático español.
Por tanto, solicitamos ao Goberno que tome as seguintes medidas, destinadas a protexer a pluralidade e a calidade da información así como a sustentabilidade dos medios que dependen dos seus lectores.
- Repartir de maneira equitativa as insercións de publicidade institucional garantindo que alcance aos medios que achegan información relevante, de servizo público, contrastada e elaborada segundo criterios profesionais de calidade.
- Aprobar con urxencia a equiparación, xa vixente en moitos países da UE, do IVE das subscricións á prensa dixital (hoxe, 21%) coas do papel (4%).
- Aprobar que as achegas económicas de persoas particulares ás pemes e cooperativas xornalísticas desgraven na declaración da Renda, para:
- Alentar a implicación das e dos lectores nos medios a través dos que se informan.
- Contribuír á diversificación de ingresos dos medios independentes, e por tanto á súa sustentabilidade.
- Fomentar o compromiso da cidadanía coa liberdade de información.
Alternativas Económicas, Catalunya Plural, Crític, CTXT, Cuartopoder, Diario 16, El Plural, El Salto, Infolibre, La Marea, La Voz del Sur, Luzes, Mongolia, Pikara Magazine, Praza Pública, Público.