Fight like a lady

O ámbito laboral actual apesta. E apesta máis cando es muller menor de 30, ou maior de 30, con fillas ou sen elas. Si, algunhas demostran que é posible rachar o teito de cristal  e as recomendacións de bo goberno pretenden poñerse serios co tema da igualdade, pero cando sentas nunha reunión rodeada de señoros ou preséntaste ante un novo partner, pensan que es a «chica de prácticas». Sorry, i am the one you’re actually expecting. 

No mundo laboral dos señoros, cada unha de nós temos a nosa propia armadura. Maquillarse para sentirse mellor ou pretender que tes máis anos dos que tes, non baixar dos tenis porque es así e non te vas desculpar, ser extremadamente seria, ou moi simpática. Sexa cal sexa a máscara escollida, a realidade é que dun xeito ou outro, intentamos matizar parte de nós pensando que así todo irá mellor. E se decides ser ti mesma, está claro que es unha chiflada.

Be a lady, they said. O vídeo da revista Girls, Girls, Girls con texto de Camille Rainville e na interpretación de Cynthia Nixon reflicte o que vivimos as mulleres a diario: nunca hai xeito de facelo ben.

Be a Lady They Said from Paul McLean on Vimeo.

Se traballas demasiado, estas compensando a túa posición. You’re trying too hard. Se pasas, non o queres o suficiente. Se es riquiña, es unha nena ou intentas conquistalos. Se es borde, quen pretendes ser? Don’t be intimidating. Don’t be so bossy. Don’t be so emotional. Don’t cry. Don’t swear. 

Un día os señoros deixarán de ser os que manden na mesa e farano mulleres e homes que entendan que non é preciso impostar ser ninguén, e ser nós mesmas será suficiente. Ata ese día seguiremos na trincheira laboral, na rúa, na escola, fighting like ladies por conquistar cada milímetro dos espazos que nos corresponden. E léndolle a cartilla aos que pensan que poden seguir sendo uns machitos toda a vida, Plácido, Harvey, this one is for you.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail