Idiomas inventados e toallas. Menos mal que…

Hai xente rara que canta en idiomas estraños ou inventados, e a seña de identidade de Portugal son as toallas de rizo. Son cousas que aprendemos, nós e millóns de españois, na edición 2022 do Benidorm Fest, grazas a unha televisión de servizo público. Outro medio de servizo público como A ACTUALIDADE ESTÁ SOBREVALORADA analiza toda esta problemática, e de paso as eleccións que tiveron lugar o pasado domingo no país irmán, coincidindo case co Benidormazo. Facémolo, ademais dos habituais Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, con Isabel Pires, deputada do Bloco de Esquerda ata este domingo, e con Tereixa Constenla, correspondente de El País en Lisboa.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail