Invadimos o Auditorio Municipal de Vigo. Levamos as armas perigosas de gravar e fixemos que os protagonistas de Backstage, unha comedia clown para toda a familia, nos deixasen algo do seu tempo para poder falar do espectáculo. Un músico está a punto de dar un concerto en solitario. Estase preparando. Este é o punto de partida, doses de metateatro para mostrar o que non se ve, coas peripecias varias e requeridas da fricción cómica. Viaxamos no tempo con eles, nada menos. Tamén nos deu tempo para homenaxes.