S02E26 – Machos ????‍♂️

Esta semana, o podcast da xente que máis forte opina do Podgalego achégase á figura dos MACHOS, esa especie que está (e que non quere estar) en perigo de extinción.
Onde sobreviven os machos? Cales son as súas reservas e cales as ameazas para o seu hábitat?
Intentamos definir que é un macho e discutimos por que nos resulta tan doado parodiar os machos españois e de dereitas e tan difícil denunciar os machos de esquerdas: os comumachos, os reintemachos, os dongalizos.
Pescudamos tamén nas orixes sociais do macho, na masculinidade tóxica imposta aos homes desde a infancia e nos castigos que reciben cando se afastan do ideal de masculinidade nos seus gustos, nas súas actividades ou en calquera desvío da heterosexualidade hexemónica.
Por último, preguntámonos se é posíbel o desenvolvemento de novas masculinidades e que esixen por parte dos homes que se queren afastar da pantalla do macho.
Escoitade a boa compaña que tivemos esta semana no novo episodio patrocinado por PuntoGal -e seguide discutindo connosco nas redes!

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail