PODCAST

Quo Vadis, Pedro?

O suspense de que fará Pedro Sánchez manterase ata o luns 29, pero iso non impide que tododior, empezando polos nosos charlantes, fale do asunto como se o soubese. Pero neste podcast, ademais, facilitamos unhas cantas claves.

As Peores Persoas do Mundo (Duarte’s Version)

Malva e Duarte traen un especial sobre cales son na súa opinión as peores persoas da historia. Nesta primeira parte, Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo e a súa propia familia, feitos que non adoitan a nomearse cando se fala da sua obra.

CTL 37: Sara Sanz

A actriz coruñesa Sara Sanz estivo nos últimos anos en series como 'Fariña', 'La Unidad', 'O Sabor das Margaridas', 'A Lei de Santos' e outras. Charlamos con ela sobre o seus procesos de traballos, os comezos no teatro, a estabilidade da profesión… e moito máis.

Os Pokémons, TikTok e a que se vai cabreada

Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen a maioría

CTL 36: Jose Turvegal

Esta semana temos con nós ao creador do famoso “sachoselfie”. Difusor da cultura verde galega. Di que vai por Galicia amosando “Agroglamour”. Falamos disto e moito máis!

As Bichas, un podcast de Rosi&Sofi

Chorar no traballo

Este episodio vai sobre as emocións no traballo. Facémonos preguntas: Cantas veces choramos na oficina? É inevitable sufrir no mundo laboral? Sabemos canto cobran as nosas amigas?

Vodas, investiduras e bautizos (e Ferrol)

Catro meses en funcións e unha maioría absoluta para acabar prometendo unha dirección xeral de inspección do sanchismo. O traballo no PPdeG non mata, non.

40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño

Entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG, que estrean o 11 de abril. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático.

Catro vodas et Altri

Que lle regalará Alfonso Rueda a Martínez Almeida, ademais do retraso da súa toma de posesión. Explicará por fin alguén –Altri, a Xunta, o Goberno central– que queren facer en Palas, ou iremos de sorpresa en sorpresa?

40 aniversario do CDG: Fran Núñez e Roberto Casal

Dous convidados por separado: Fran Nuñez, e Roberto Casal, aínda que unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. O primeiro dos dous programas que lle adicaremos a esta data.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail