ENTREVISTAS

Amanda Martínez: «No Congo a muller é o campo de batalla»

A estratexia reprodúcese en todos os conflitos. De Birmania a Sudán do Sur. Atacar as mulleres é atacar a sociedade no seu conxunto, pois son elas o sustento familiar. Máis alá das cifras, no Congo a violencia sexual é un problema estrutural. Empezou sendo un arma de guerra, pero hoxe…

Francisco Otero: «Todo o material dos nosos iPhones sae do Congo»

Dicía Unamuno que lle doía España. A Francisco Otero, (A Coruña, 1961) o que lle doe é o mundo. O mundo enteiro. Dende a gran guerra dos Balcáns ao xenocido rohingya. Ultimamente o que máis lle doe é o Congo. Lévalle doendo cinco anos. Dóelle porque as intervencións do equipo…

«Para o Estado chegar a un acordo con Cataluña sería unha humillación»

Entrevista realizada a Carles Puigdemont (Amer, 1962) para Luzes a finais do mes de setembro, pouco antes do referendo do 1-O. Daquela, o ex-president da Generalitat levaba menos de dous anos nun posto que aceptara sen que en principio estivese destinado para el. Algo máis dun mes despois dos atentados…

Xosé Manuel Beiras: «Eu non quería ser líder»

Asegura que a traxedia da esquerda actual é a confrontación co inimigo equivocado. Aos seus 81 anos, Beiras (Compostela, 1936) dise «desencantado», algo inverosímil no catedrático de economía rebelde e indignado que segue sendo un dos principais referentes da esquerda e o nacionalismo galego.

«Cando as vítimas do alvia querían falar, aos medios só lles interesaba Asunta»

Angrois no esquecemento, premio Mestre Mateo ao mellor documental neste 2015, converteuse no primeiro proxecto conxunto de catro profesionais do audiovisual que decidiron dedicar as súas horas libres a recoller o testemuño das persoas afectadasa polo accidente do Alvia cando os medios xa perderan o interese; con poucos recursos, pero…

Baltasar Garzón: «Non habería que evitar a votación do 1-O»

Houbo unha época na que o nome de Baltasar Garzón (Torres, Xaén, 1955) era o máis comentado nos telexornais, na prensa, nas radios. Aínda hoxe ten lexións de fieis seguidores e unha trincheira desde a que dispara incendiarias cargas contra os inimigos da vida, a xustiza e o home.

Publicítate con Luzes

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail