ENFOCARTE

39 chanzos con Norman Foster

En Madrid é imposible aburrirse. Claro que eu son de bo enredar. Despois de sete anos pisando asfalto pola capital teño marcados para as tardes de inverno certos lugares fav. Na Gran Vía, na mítica torre trazada por Ignacio de Cárdenas, está un deles:  Espacio Fundación Telefónica, un ámbito cultural…

Un Picasso descolgado

Hai uns meses volvín ao Reina Sofía. Viñeron a Madrid uns amigos galegos que querían ver o Guernica e pareceume a escusa perfecta para unha sobremesa de sábado sen bares. Cando entramos na sala na que vive o cadro, quen propuxo a visita apartou de nós. Pasaron uns minutos e…

Historias de papel latexan nas pantallas

Cando caeu nas miñas mans o libro Fariña, de Nacho Carretero, devoreino en dous días. Estaban sobre o papel todos os ingredientes que me gustan para cociñar historias televisivas e vin claro que aí había unha serie. Esa mesma noite empecei a creala en papeliños de cores que ía pegando…

O menú da cea de da Vinci

Con tanta luz de Nadal as noites refulxen máis que os días.  Seis millóns de bombillas acende Abel Caballero en Vigo á noitiña, e con ese poderío enerxético é complicado afastar a mirada das miserias da rúa. Atrapados nós polo sentimentalismo afectado do almanaque, persoas sentadas nas beirarrúas a suplicar…

Eu non son de molestar

A seiscentos quilómetros é difícil escoitar ben. Na distancia, o ruído dos titulares afoga a letra pequena, e eu tiña curiosidade por saber que contaran polo miúdo na presentación de luzes.gal en Pontevedra. Dos fachos que alí se prenderon quedei coa frase de Manuel Rivas: «Imos falar do que non…

The young Pope

A beleza da cabeceira de The Young Pope, de Paolo Sorrentino, é unha bestialidade. Un golpe exquisito de arte -que acorde coa narración da serie- rabuña a Igrexa católica sen pudor. Se cadra vin esta intro xa trinta veces, e cada vez (si, cada vez) esas poderosas imaxes envoltas na…

Publicítate con Luzes

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail