AUTOGOBERNO

Altri, vodas e bautizos

A Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor?

O vector constituínte

O 18F é de seu a nova política máis prometedora desde que Rajoy foi derrotado pola moción de censura social, democrática e plurinacional de 2018.

A análise definitiva do 18F

Quen ganou? Quen perdeu? Alguén empatou? Se non ten claros os resultados, máis aló dos números, do 18F, este podcast de servizo público xa llo aclara.

Cambio de fase

Galiza é unha nación discreta. Baixo as apariencias dun conservadurismo paradóxico agóchase un antagonismo pouco coñecido e mesmo así, moi potente.

Galicia xa cambiou

Mentres a sociedade avanza, creativa, este goberno recúa, avariado. O dilema é resignación ou esperanza.  Gañe ou perda, unha Galicia nova está a rexurdir.

Boliñas veñen e van

A crise dos pellets pon de manifesto un fin de ciclo. Galicia pode mirar cara ao seu futuro con máis ambición, con máis ganas de cambio, e con políticas que a leven á seguinte onda de modernización.

Ana Pontón rexeita trasladar ás autonómicas galegas os «debates madrileños»

«O PP sabe que presenta un balance nefasto, e para ocultalo Rueda e Feijóo queren desviar o foco sobre con debates alleos a Galicia», dixo Pontón.

Dogmática vs política

Ten futuro a proposta de Urkullu dunha Convención Constitucional para cambiar a interpretación sobre a estrutura territorial do Estado? Podería a dogmática complementar as eivas da política?

O Tribunal Supremo avala a sentenza que pon en dúbida a legalidade da estrutura directiva da CRTVG

O máximo órgano xurisdiccional rexeita o recurso da empresa contra o despedimento dun alto cargo contratado ilegalmente

Hai que limpar cando venta

Cómpre que Galicia aproveite o cambio climático para convertelo en reto coa reforma do modelo enerxético. Podemos ser líderes en renovables coa eólica e o hidróxeno verde.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail