E por que Feijóo non vai ir a Madrid?

Un ben amigo meu non entende que porque está mal visto -nos círculos minoritarios dos que andamos a ladrar o noso resentimento polas esquinas, claro- que Feijóo queira irse a Madrid, ou incluso que acabe indo a Madrid (ben, á Moncloa, a Madrid vai unha chea de veces). Eu dígolle que non é o meu caso. Que a min non me parece mal. Mesmo estaría disposto a debater, en momentos de non ter moito máis útil que facer, se me prestaría máis ou menos velo a el na presidencia do Goberno que a outros posibles candidatos da dereita ou do extremo centro. (Acabo de escribilo, e as imaxes que me viñeron á cabeza vai custar tempo que desaparezan dos meus pesadelos). Mesmo quizais me prestara máis, polo efecto malo coñecido. Non tanto por iso de que  sexa galego. Os galegos que o son por que lles tocou, pero non lles fixo moita gracia, o primeiro que fan é facer todo o posible porque non se lles note, e de non poder ser, esforzarse a esgalla para que llo perdoen.

O que si me toca, a min e a todos vostedes, é o que faga como presidente da Xunta. Ou máis exactamente o que non faga. Que é exactamente a táctica concursante de Gran Hermano: non facer nada, salvo lucir galanura e boquilla, como demostrou en Salvados

O malo neste caso, máis que o fin, son os medios. E neste caso, aqueles non xustifican estes. Non me refiro ás manobras que o candidato na sombra poida estar facendo, ou non, nos corredores partidarios. Se falar con Mengano ou con Zutana para ir apañando apoios para si ou para ir furando posicións de outros ou outras. Iso xa compete ao PP e ás súas normas de conduta internas. Tampouco me meto na súa táctica pública que parece a do concursante de Gran Hermano que pensa que se está calado e non abre a boca nada máis que para dicir obviedades e aplaudir, vai chegar á final. Quizais dea resultado. Non sei se era Mark Twain quen dicía aquilo de que era mellor calar e pasar por parvo que abrir a boca e confirmalo, pero estou bastante seguro de que era Beethoven quen sostiña que nunca se debía romper o silencio se non era para melloralo. En resumo, que a estratexia do Feijoo persoa para ascender na vida entendo que non me atinxe.

O que si me toca, a min e a todos vostedes, é o que faga como presidente da Xunta. Ou máis exactamente o que non faga. Que é exactamente a táctica concursante de Gran Hermano: non facer nada, salvo lucir galanura e boquilla, como demostrou na entrevista en Salvados. Ou sexa, que por min desexaríalle todos os éxitos do mundo nese empeño que asegura, de momento, non ter: o de ser presidente do Goberno español. Desexaríallo se non me afectase tamén como cidadán. Pero, sendo sincero -e un chisco desesperado­-, mesmo me conformaría se aquí quedase un goberno eficaz.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail