Ai, Alberto, non nos queiras tanto (bolero)

O PPdeG deu por inaugurada a campaña da precampaña das municipais, e fíxoo como adoita facer e como debe ser, cun fervorín aleccionador do xefe e nada de autocríticas nin debates nin procesos nin farrapos de gaitas, que cansan e crean roces. Alberto Núñez Feijóo, como sempre que abre a boca, non dá puntada sen fío, e deu dúas sinais que a ollos dos demais poderían parecer contraditorias, pero que na súa liña de pensamento, son absolutamente coherentes. En Madrid pediu máis intervención do Estado nas autonomías, o que pode parecer tan contraditorio como que un director dunha oficina bancaria pedise que lle recortasen potestades. Logo (ou antes, non sei), en Santiago dixo que «ningún nacionalista catalán nos va a dar lecciones de querer más a Cataluña de lo que nosotros queremos a Galicia, ni ningún nacionalista gallego nos dará lecciones de querer más a Galicia que nosotros». O de meter a Cataluña polo medio é unha concesión á actualidade mediática, porque imaxino que aos nacionalistas cataláns tanto lles ten se o presidente da Xunta quere a Galicia ou non. A quen en todo caso lles tería que importar é aos residentes aquí. Pero non creo que as cousas se amañen co cariño. Polo menos as da política.

Alberto Núñez Feijóo quere moito a Galicia. Non poño en dúbida o feito en si, nin a cantidade de amor investido, nin sequera se as razóns son espurias (vive dela, e ben) ou se puras e inocentes. Por min, aquí pódese aplicar a copla aquela de:

Te quiero porque te quiero,
No puedo decir por qué
Cuando se quiere por algo
No es muy hondo el querer

Ou nunha outra versión, tamén popular e máis arrechada:

Te quiero porque te quiero,
que en mi querer nadie manda,
te quiero porque te quiero
y porque me sale del alma.

E tan panchos (nunca mellor dito). Os analistas sosteñen que está chiscando o ollo centralista para ganar puntos como sucesor de Rajoy. Mais en realidade é que o presidente Feijóo quere tanto a Galicia que lle quere aforrar desgustos, responsabilidade e capacidades, non sexa que se vaia herniar ou frustrar porque non dá feito. Por iso, desde que el está de amo de casa, non entrou no Fogar de Breogán nin unha triste competencia. Dez anos a pao seco, seique porque outro galego que ama a Galicia, Rajoy, di que non se podían transferir máis competencias, a ver se vai romper España por onde non se pensaba (aínda que a outras sete comunidades si que lle transferiu, ou sexa que non debe ser por iso). Non quero ser frívolo, nin poñer a ninguén como diana do movemento #MeToo ou #Time’sUp, pero isto de dicir tanto «te quiero» e demostrar o contrario parece a típica conduta do maltratador arrepentido. Ese clásico da falsidade ―«te mereces otro hombre»― que tan ben interpretou Vicente Fernández (non me digan que aquí non ten un aire) cando cantaba aquilo de:

Ya siento en el alma
tener que decirte
que mi amor se extingue
como una pavesa
y poquito a poco
se queda sin luz

Yo sé que te mueres
cual pálido cirio
y sé que me quieres
que soy tu delirio
y que en esta vida
he sido tu cruz

ay amor ya no me quieras tanto
ay amor no sufras más por mí
si no más puedo causarte llanto
ay amor olvídate de mí

me da pena que sigas sufriendo
tu amor desesperado
yo quisiera que tú te encontraras
de nuevo otro querer

otro ser que te brinde la dicha
que yo no te he brindado
y poder alejarme de ti
para nunca más volver

ay amor ya no me quieras tanto
ay amor no sufras más por mí
si no más puedo causarte llanto
ay amor olvídate de mí

Mais Vicente, perdón, Alberto, sabe que a Galicia tena subxugada, e que ela non vai entoar aquilo de:

Quién será el que me quiera a mí,
quién será, quién será,
quién será el que me dé su amor
quién será, quién será,

Yo no sé si lo podré olvidar
Yo no sé, yo no sé,
Yo no sé si volveré a querer,
Yo no sé, yo no sé.

He querido volver a vivir,
la pasión y el calor de otro amor,
de otro amor que me hiciera sentir,
que me hiciera feliz, como ayer lo fui.

Xa o dicían os clásicos ―castellanos―: quien bien te quiere, te hará llorar.



Publicítate con Luzes

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail