Un guerrilleiro de Cristo Rey, guía de Meirás

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

Carlos Fernández Barallobre, Calín, histórico ultradereitista coruñés de toda la vida e no seu día destacado Guerrillero de Cristo Rey (bandas fascistas da porra que se dedicaban a apalear persoas de ideoloxía progresista, ou con aspecto de tela), vén de ser nomeado pola Fundación Francisco Franco cicerone do Pazo de Meirás, segundo proclama el mesmo no seu facebook. Alí, ademais dun piadoso recordo para a filla do dictador, recentemete falecida, e de felicitar  o ano aos seus seguidores, aclara que para visitar a que foi residencia de verán de Franco poden pedir cita vía mail, ou directamente no seu facebook. Debe ser dos poucos casos nos que  é posible acceder a un Ben de Interese Cultural a través do facebook particular do guía, e “para el día que mejor os convenga”, máxime cando ata agora todo eran dificultades para ese acceso.

Carlos Fernández Barallobre xa tivo outro recente momento de gloria cando, desde a páxina oficial das Hogueras de San Juan, lembraba a alegría que inundou as rúas da Coruña cando a “liberación” de Bilbao, é dicir, cando as tropas franquistas tomaron a cidade vasca na Guerra Civil,

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán



Publicítate con Luzes

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail