OPINIÓN

Hoxe, 23F, estarían mortos

Se hai algo que define unha sociedade, máis que a súa Historia (con maiúscula) que, como dicía Ambrose Bierce, é o relato case sempre falso de feitos case sempre cativos producidos por gobernantes case sempre ruíns ou por militares case sempre parvos, é como reacciona nos momentos críticos, e como…

Perdoa, pero son millennial

Dende que os sociólogos clasificaron as nacidas entre os oitentas e os dous mil como millennials, e a revista Time nos adicou unha portada en 2013 chamándonos egocéntricas e consumistas, levo cinco anos desculpándome. Configuradoras profesionais dos perfís en redes sociais de toda a familia, somos as que entenden de…

Longa vida ao Marco!

Hai uns meses un amigo pintor, Din Matamoro, dixo que sobre o MARCO había unha nube. Sentiu un presaxio e fixo unha foto daquela nube. Si, desde logo tiña toda a razón… Sinto hoxe con desacougo que hai forte treboada. Un crítico de arte moi ben recoñecido, de fóra de…

O (ab)uso da censura

Resulta preocupante que no último ano varias persoas tiveran que afrontar procedementos penais por facer crítica, denuncia ou humor sobre a relixión, Carrero Blanco ou ETA. E aínda máis preocupante resulta comprobar que a xente de esquerdas parece querer utilizar eses mesmos instrumentos, precisamente, para defender a liberdade. 1 Por…

Peche patronal na Xunta

Se o que está a facer a Xunta co conflito dos traballadores da Xustiza galega non é un peche patronal, que veña Adam Smith e que o vexa. Coma estratexia podería valer, pero ten un pequeno problema: é ilegal. Os peches patronais só son legais en casos de violencia, ocupación…

39 chanzos con Norman Foster

En Madrid é imposible aburrirse. Claro que eu son de bo enredar. Despois de sete anos pisando asfalto pola capital teño marcados para as tardes de inverno certos lugares fav. Na Gran Vía, na mítica torre trazada por Ignacio de Cárdenas, está un deles:  Espacio Fundación Telefónica, un ámbito cultural…

Guerras culturais, episodio 88

Cando dende Génova 13 observas como ese partido-empresa que é Ciudadanos estache a adiantar pola dereita en temas como o territorial, intentar sofisticar a guerra cultural que levas anos practicando, é unha interesante manobra. O obxectivo: facer do escándalo e a discusión moral o centro da política, borrando e desfigurando…

Saca o teu lado choni

Todas temos un lado choni. É intrínseco, independentemente de onde vivas, como vistas ou o diñeiro que teñas. É ese instinto interior que, cando alguén te amola, fai que desexes miralo fixamente aos ollos e, con xesto de veciña do Bronx (ou do Valadouro), espetarlle un sonoro «Que!». O tan…

Ás voltas coa leira

Fraga reactivou a capacidade legal que o Estatuto prevía para fomentar a cultura das nosas colectividades do exterior -o que antes chamabamos emigrantes ou diáspora- e botoulle unha man á nosa xente en países onde se vivían momentos difíciles coincidindo cos seus mandatos, nomeadamente Cuba no «período especial» dos noventa…

A dobre competencia

A pelexa entre Ciudadanos e o Partido Popular pola hexemonía na dereita española provoca unha competencia feroz entre os partidos de Rivera e Rajoy por amosar quen dos dous é máis belixerante co que chaman «linguas vernáculas», termo utilizado no franquismo (e de forma oficial na Lei General de Educación…

Publicítate con Luzes

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail